jueves, 24 de noviembre de 2011

La cocina económica de A Coruña

Estimados alumn@s e profesores,
Como xa fixeran o curso pasado, un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato está a preparar unha actividade para colaborar coa Cociña Económica da Coruña que consiste en:

1º RECOLLIDA DE:

a. Alimentos non perecedoiros
b. Productos de limpeza xeral
c. Productos de hixiene persoal.

A recollida realizarase desde o 21 de novembro ata o 16 de decembro na aula de francés durante os recreos.

2º MERCADILLO DE OBXECTOS USADOS.

Esta semana empezarase a recoller, na aula de francés, obxectos en bo estado para vender no mercadillo que terá lugar no hall do IES AFONSO X O SABIO (Cambre - A Coruña -) a partir do 1 de decembro durante os recreos de ESO e Bacharelato.

3º VENDA DE RIFAS PARA RECADAR CARTOS

Os alumnos de Bacharelato xa comenzaron a vender rifas para un “regalo solidario sorpresa” co fin de recadar fondos e engadilos ao obtido no mercadillo.

A Cociña Económica realiza os 365 días do ano 4 servizos de comedor e todos os días, excepto domingos e festivos, 3 servizos de aseo persoal.
Contaremos tamén coa axuda de alumnos da ESO para o mercadillo nos recreos deste nivel.

Para máis información pincha aquí:  LA COCINA ECONÓMICA DE A CORUÑA