sábado, 14 de marzo de 2020

Aviso importante: Viaxe de Estudos Andalucía 2020

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario.                                                                                                 
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

A  axencia de  viaxes:  Viaxes Compostela, está  xestionando  a cancelación da  Viaxe de  Estudos a Andalucía.

As RIFAS dá  viaxe  NON se poden seguir  vendendo, e ha de devolverse o diñeiro recadado ou no seu lugar as rifas que non se venderon.

Nos hoteis xa se fixo un depósito co primeiro pago da Viaxe. A axencia de viaxes tentará que se devolva.


O segundo pago da viaxe aínda non se lle entregou á axencia polo que se devolverá íntegro.